No corazón dos Ancares ca instructora arxentina Sol Rodríguez escomenzou a segunda xornada da Master Class Camiñando Xuntas, precedida da recepción de D. Miguel González Vilela Concelleiro Deportes do Concello de San Román de Cervantes , que amablemente cedeu as instalacións para a práctica do noso deporte e organizou unha interesante visita guiada con Mirian, guía turística do Concello, ao conxunto etnográfico da localidade,
Despois da visita o Conxunto Etnográfico das Pallozas , comezou o intenso traballo técnico, esta vez ao ritmo da música e pandereta.
Tres horas de traballo, práctica, escoita e execución técnica rematou a xornada física e escomenzou a visita turística do Piornedo, onde visitaron o nucleo, percorrendo as suas rúas, admirando a arquitectura tradicional e almorzando todas xuntas nun restaurante referente deste enclave da Reserva Biosfera dos Ancares montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
Instructora e alumnas reiteraon que "Non puidemos atopar unha zona para a nosa aprendizaxe máis fermosa e que de seguro será unha experiencia inesquecible para a nosa instructora e seguro que para todas nós".
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POR LA Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .
Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera ANCARES LUCENSES