O Concello de Culleredo converteuse nun referente da marcha nórdica en Galicia coa celebración do I Trofeo Concello de Culleredo – modalidade Open e da I Copa Galega Xunta de Galicia. Dúas competicións que reuniron un total de 150 participantes no Paseo da Ría do Burgo, convertendo a xornada nun auténtico éxito deportivo e organizativo.
A cita, organizada polo Concello, o Club Atletismo Sada e a Federación Galega de Montañismo, xerou un gran ambiente durante toda a tarde, cunha notable participación tanto de deportistas federados como de persoas afeccionadas a esta disciplina en auxe.
Ambas as competicións celebráronse de xeito simultáneo, mais cunha diferenciación clara: na I Copa Galega participaron exclusivamente deportistas federados, mentres que o I Trofeo Concello de Culleredo – modalidade Open estivo aberto a persoas de todos os niveis. Cada proba contou cun percorrido adaptado ás condicións das e dos participantes, facilitando así unha experiencia completa e inclusiva.
A proba deixou tamén resultados destacados a nivel individual en Culleredo: 1º posto para Sophie S. na categoría feminina e 2º posto para Ángela C. na categoría veteranas D
A participación do Club nesta cita enmárcase no Plan de actividades desenrolado no marco da subvención da Área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo , dentro das liñas de apoio ao deporte na provincia en concorrencia competitiva ano 2025.

<

