XORNADA DE PROMOCIÓN DA FACETA COMPETITIVA NA MARCHA NÓRDICA

Circular acción de promoción: 9/2023,

A Federación Galega de Montañismo (FGM) a través da Vogalía de Marcha Nórdica, convoca unha xornada de promoción da faceta competitiva na Marcha Nórdica para todos os marchadores e marchadoras, que estén interesados/as en coñecer a parte competitiva de este deporte.
1. Obxectivo da xornada:
Dar a coñecer a faceta competitiva da marcha nórdica e colaborar na formación do cadro de árbitros/as da su formación técnica .
2. Coordinación e dirección da actividade:
Organiza a Vogalía de Marcha Nórdica da FGM. A docencia da xornada irá a cargo de Xosé Manuel Iglesias Siso Seleccionador de Marcha Nórdica da FGM .
3. Prazas ofertadas:
Sen limite de prazas.
4. Prezo:
A participación na xornada é gratuíta.
5. Lugar e datas:
A xornada realizarase en Lugo no Parque de Rosalía de Castro, en horario de 16:30h a 17:30h, e na Muralla de Lugo, en horario de 17:45h a 19:00h. o sábado 11-2-2023.
6. Contidos, carga horaria e profesorado
  • 1. Dar a coñecer marcha nórdica de competición: (1h)
  • 1.1 Obxectivo: Que os marchadores e marchadoras coñezas a Marcha Nórdica de Competición.
  • 1.2 Profesorado: Xosé Manuel Iglesias Siso Seleccionador de Marcha Nórdica da FGM .
  • 1.3 Horario: de 16:30h a 17:30h
  • 2. Realizar un adestramento de cara a competición (1h 15m’).
  • 2.1 Obxectivo: Que os marchadores e marchadoras realicen un adestramento, no que contaremos co cadro de árbitros/as da FGM.
  • 2.2 Profesorado: Xosé Manuel Iglesias Siso Seleccionador de Marcha Nórdica da FGM .
  • 2.3 Horario: de 17:45h a 19:00h.
7. Requisitos de acceso:
Estar en posesión da licenza federativa FGM do ano en curso, que cubra a práctica da marcha nórdica.
Máis información: na Federación Galega de Montañismo tel. 986 208 758, na rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 (of. 10) en Vigo, ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..