Nos derradeiros días do vrao, A Reserva da Biosfera Ancares – Montes de Cervantes, Navia e Becerreá é unha terra que se abre en camiños, en trechas, en silencios que acompañan ao walker. As súas sendas empurran aos walkers de Nordic Walking Lugo a avanzar con ese ritmo sereno que marca o paso entre vales.
Aquí, a golada é máis ca un paso: é a porta natural que permite acceder a outro val, a outra historia, a outra maneira de mirar o territorio. E nese tránsito, o camiño convértese nun diálogo coa paisaxe.
Non sempre mandan as alturas. Hai rutas a menor cota que gardan unha beleza deslumbrante, permitindo mirar para arriba, cara ás cimas que se recortan no ceo… e mirar para abaixo, cara aos vales onde a luz se pousa coma un segredo.
Cada trecha é unha invitación.
Cada golada, unha transición.
E cada paso, unha forma de entender que a verdadeira altura está na maneira de camiñar.
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO — ÁREA DE MEDIO AMBIENTE.
Actividade desenvolvida nos concellos de Becerreá e Cervantes.
Reserva de la Biosfera Ancares, Montes de Becerreá, Cervantes y Navia
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POR LA EXCMA. DIPUTACIÓN DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE.


